Icono del sitio CanalBarbanza.com

PEDRO SÁNCHEZ REICIBIU NA MADURGADA DO LUNS NA BASE AÉREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA AOS SOBREVIVENTES E VÍTIMAS DO “VILA DE PITANXO”

Ás doce desta noite chegaron a España os corpos de 5 dos 9 tripulantes repatriados que faleceron no xélido mar de Terranova, e os 3 mariñeiros que lograron salvar a súa vida, entre eles o patrón do barco. Minutos antes de que o avión militar español tomase terra no aeroporto de Santiago de Compostela, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, xunto ao ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, mantiveron un encontro con familiares das vítimas que lles esixiron «feitos tanxibles» e suplicáronlles a disposición de diversos medios para renovar os traballos de rescate dos corpos dos 12 náufragos que seguen desaparecidos.
A filla do xefe de máquinas do buque, María José de Pazos, leu ante os medios de comunicación unha lista de peticións para seguir loitando no mar para dar a esperanza das familias de que os seus non son abandonados. Por iso preferiron, por agora, dar unha marxe de «confianza» ao Goberno.
Nun comunicado da armadora explicouse a posible causa do accidente. Unha «repentina» parada do motor durante unha manobra de virada do aparello, a 250 millas de Terranova. O Villa de Pitanxo, de 50 metros de eslora, enfrontouse sen goberno a ondas de máis de cinco metros e ventos de máis de 40 nós
Salir de la versión móvil