A evolución dos contaxios segue a deixar bos datos no Barbanza e en Galicia. Ribeira rexistra un descenso de 50 positivos a dúas semanas e a cifra cae ata os 411, mentres que a sete días baixan en 11 ata os 148. Boiro conta con 245 casos a catorce días, 20 menos que onte, e 91 a unha semana, un menos. En Noia hai unha caída de 10 casos a dúas semanas, que chegan ata os 219, e resta un a sete días para un total de 92. Porto do Son contabiliza 175 contaxios a catorce días, 13 menos que onte, e 68 a unha semana, un descenso de 10.
Muros ten 121 positivos a dúas semanas, nove menos que na xornada anterior, e 56 a sete días, nove menos. Na Pobra hai 111 casos a catorce días, 13 menos que onte, e 38 a unha, unha caída de tres. Rianxo rexistra un descenso de 16 contaxios a dúas semanas xa que a cifra cae a ta os 110, mentes que a sete días redúcese en tres ata os 38. Lousame conta con 42 positivos a catorce días, tres máis que onte, e 21 a unha semana. Outes ten 63 casos a dúas semanas, tres menos que onte, sen embargo a sete días a cifra aumenta en tres ata os 31.
Galicia segue reducindo os contaxios e hoxe sumáronse 1.715 novos positivos e a cifra de casos activos descende ata os 24.102, 1.800 menos que onte. As hospitalizacións diminúen xa que hai 577 persoas ingresadas por coronavirus, 21 menos que na xornada anterior. 546 permanecen en planta, unha descenso de 21 respecto a onte, mentres que en coidados intensivos permanecen 31 pacientes.

