O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe as instalacións do cámping Praia Ría de Arousa, na Pobra, para coñecer as actuacións realizadas ao abeiro da orde axudas da Xunta para mellorar establecementos turísticos. O ano pasado sete establecementos da comarca, catro hoteis da Pobra, Outes e Ribeira, e tres restaurantes dos mesmos concellos, recibiron conxuntamente máis de 100.000 euros.
A XUNTA APOIOU CON MÁIS DE 100.000 EUROS A MELLORA DE 7 ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN DA COMARCA.

