O Goberno Vasco vén de anunciar que durante o período do 21 de febreiro ata o 30 de xuño do 2022, determinadas embarcacións de Galicia poderán exercer a pesca por medio de cerco en augas interiores da Comunidade Autónoma de Euskadi. Serán tan só cinco licencias as acreditadas para pescar as especies verdel, xurelo, anchoa sardiña e estornino. Desde Acerga non están de acordo con esta medida en canto ás licencias.
O CERCO GALEGO PODERÁ PESCAR EN AUGAS INTERIORES DE EUSKADI

