Dende que abriron a nova sede de Ribeira, a axuda que ofrece a asamblea da Cruz Vermella nesta localidade non fai máis que medrar. Hoxe realízanse aqui diversos programas de axuda, un dos mais exitosos é o de clases de apoyo que se ofrcen os rapaces e rapazas do municipio. Os nenos saen encantados e os voluntarios e voluntarias agradecidos de ver o interés que prestan.
A crise provocou o incremento no número de familias que precisan a axuda da Cruz vermella, familias que en moitos casos pese a contar cun nivel de vida medio alto recibiron o embiste da crise e se atopan nunha situación de precariedade. A estas hai que sumar as familias inmigrantes que viñeron buscando unha vida mellor e se atoparon cunha situación de moitas dificultades.
Ante o incremento de familias que precisan apoio a Cruz vermella fai un chamamento ó voluntariado, precísanse voluntarios e voluntarias para axudar cos programas, para axudar no ropeiro, onde hai que clasificar e organizar a roupa que moita xente dona voluntariamente, e tame´n se precisa xente que queira colaborar coa venda da loteria. Pero ademais puxeron en marcha un servizo de teleasistencia, dando cobertura de momento a 12 persoas, ás que unha técnica se ocupa de chamar unha vez á semana para coñecer as súas necesidades e darlles un pouco de apoio, tamen emocional. O servizo está a funcionar moi ben, e os usuarios moi satisfeitos, pero necesitan máis voluntarios.
A venda de lotería para o sorteo do ouro é de onde se obtén practiamente o presuposto para todo o ano, de ahí a importancia de colaborar mercando un boleto, o seu prezo é de tan so cinco euros, pero a axuda que aporta non ten prezo.
Actualment hai 15 voluntarioa activos. As persoas que queiran colaborar con donacións de roupa, calzado e outros enseres poden facelo no local anexo á lonxa de Ribeira.
https://www.youtube.com/watch?v=4CVJts88qso