Icono del sitio CanalBarbanza.com

NÚÑEZ FEIJÓO DESTACOU O INVESTIMENTO DE CASE 70 MILLÓNS DE EUROS PARA DAR UN PULO Á COMPETITIVIDADE DAS EMPRESAS DO AGRO E Á REMUDA XERACIONAL

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe as instalacións da empresa Aceites Fabril. Nese escenario sinalou que se realizará un investimento de case 70 millóns de euros para dar un novo pulo á competitividade das empresas do agro e á remuda xeracional. Tamén precisou que ata o vindeiro 7 de marzo estará aberto o prazo da nova convocatoria de axudas para a transformación e comercialización que conta cunha achega de 30 millóns de euros que facilitará garantías (avais) para préstamos destinados a proxectos, así como expandir iniciativas.

Salir de la versión móvil