CONDE resalta que os novos 20 millóns en préstamos e avais ás pemes galegas contribuirán a apuntalar o crecemento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe, durante unha reunión con membros da Asociación de Emprendedores e Empresarios de Galicia-Ascega, que os novos 20 millóns en préstamos e avais que o Goberno galego porá a disposición das pemes grazas ao cumprimento do déficit, contribuirán a apuntalar o crecemento económico de Galicia.

Conde destacou Ascega como unha das voces do emprendemento galego, sumando esforzos no “traballo conxunto para derrubar barreiras burocráticas”. Neste senso, Conde lembrou que a Xunta ten apoiado mediante a ferramenta de capital risco Galicia Iniciativas Emprendedoras a 33 proxectos desde 2014, cunha media de 60.000 euros por iniciativa.

https://www.youtube.com/watch?v=alvxrhqVkxk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.