Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS CONTAXIOS DE CORONAVIRUS SEGUEN A REMITIR NA COMARCA, AÍNDA QUE LOUSAME REXISTRA HOXE UN LIXEIRO AUMENTO.

A sexta onda segue perdendo forza na comarca, onde todos os concellos agás Lousame contan cun descenso dos contaxios. Ribeira contabiliza 44 positivos menos a dúas semanas e a cifra cae ata os 592, e a unha semana rexistra unha caída de 23 positivos ata os 206. En Boiro hai 345 casos a catorce días, 21 menos que onte, e 124 a unha semana, un descenso de 10. Noia ten 10 casos menos a dúas semanas, 265 en total, e baixa sete a sete días ata os 114.
Porto do Son conta con 217 contaxios a catorce días, 11 menos que onte, e 93 a unha semana, unha caída de 11 contaxios. Na Pobra hai un descenso de 21 positivos a dúas semanas para un total de 168, e de dous a sete días para rexistrar 54. Rianxo ten 164 casos a catorce días, 29 menos que onte, e 52 a unha semana, unha baixada de tres casos. Muros contabiliza 153 contaxios a dúas semanas, cinco menos que na xornada anterior, e 70 a sete días, un descenso de tres contaxios.
Outes rexistra unha caída de 16 positivos a catorce días para un total de 93, mentres que a unha semana a cifra cae en catro ata os 30 positivos. Lousame, pola contra, suma novos casos. A dúas semanas conta con 50, tres máis que onte, mentres que a sete días engade catro para un total de 19.
Galicia encadea unha xornada máis con descenso dos contaxios. Hoxe rexistráronse 2.369 novos positivos, sen embargo a cifra de casos activos cae ata os 32.823, 500 menos que onte. As hospitalizacións tamén seguen diminuíndo. Hoxe hai 584 persoas ingresadas por coronavirus, 14 menos que onte. 552 atópanse en planta, unha caída de dez con respecto a onte, e 32 permanecen en coidados intensivos, catro pacientes menos que na xornada anterior.
Salir de la versión móvil