10 ususarios de Ambar melloraron a súa autoxestión grazas ó programa autoxestores posto en marcha coa colaboración da Fundación La Caixa. A Asociación Ambar formulose a necesidade de levar a cabo este proxecto para desenvolver a autoxestión e a autodeterminación das persoas con discapacidade. O seu obxetivo non é outro que axudar ós participantes a entender os seus dereitos e poñelos en práctica, mediante os apoios necesarios para a inclusión social e a mellora da calidade de vida. Os resultados deste programa foron presentados nun acto realizado no Centro de Recursos da Asociación AMBAR en Frións polo Director de Área de Negocio Santiago-Barbanza da entidade Bancaria CaixaBank, Antonio Lema, a presidenta de AMBAR, Milagros Rey, e algúns dos responsables e participantes do programa.
Obra social La Caixa mantén o seu compromiso coa sociedade galega, incrementando este ano nun millon de euros a aportación realizada en Galicia, que este ano ascende a 9 millóns de euros. Nesta liña de achegas colaboraron con ambar.
A través deste programa realizouse un traballo específico para cada un dos participantes, dado que algúns non deciden por eles mesmos, senón que son as súas familias ou institucións as que se encargan. A finalidade do programa a longo prazo e consolidar un grupo pertencente á asociación no cal os integrantes teñan o seu propio espazo, de participación, para a procura de solucións aos problemas que se atopan, así como a oferta dun espazo, para a expresión das súas inquietudes, no que coñezan as súas limitacións, as súas capacidades e os seus dereitos e aprendan a planificar e ser responsables das súas eleccións e decisións. Asi o explicaron as terapeutas.
Os usuarios que tiveron a aoportunidade de participar deste programa agradecen a Fundación La Caixa a súa colaboración, dando conta dos bos resutlados obtivos.
Este programa co que os usuarios de ambar realizaron varias saidas e viaxes sacoou a luz tamén a existencia de numerosas barreiras arquitectónicas e sociais.
Este proxecto foi realizado gracias a aportación económica de Fundación La Caixa, ca cal se firmou un convenio anual que rematará en setembro de 2016, por un importe de 21,110 euros.. O programa, que comezou en marzo do pasado ano, ten unha duración anual prorrogable.