O director do Igape, Fernando Guldrís, salientou hoxe os rexistros históricos que veñen de acadar as exportacións galegas, pechando o 2021 como o mellor ano desde que hai rexistros ao superar a barreira dos 25.000 millóns de euros. En concreto, as vendas ao exterior de Galicia acadaron os 25.269,6 millóns, un 21,1% máis que no 2020, e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia.
AS CATRO PROVINCIAS GALEGAS INCREMENTARON AS SÚAS VENDAS AO EXTERIOR EN 2021, CONTRIBUÍNDO AO RÉCORD HISTÓRICO DE GALICIA

