Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS CASOS DE COVID SEGUEN DIMINUÍNDO NA COMARCA, ONDE SO MUROS REXISTRA UN LIXEIRO AUMENTO.

A evolución dos contaxios segue a deixar cifras en descenso no Barbanza. Ribeira conta con 636 positivos a dúas semanas, 87 menos que onte, e 229 a sete días, unha caída de 27 positivos. En Boiro hai 366 casos a catorce días, 24 menos que na xornada anterior, e 134 a unha semana, 14 menos. Noia contabiliza un descenso de 18 contaxios a dúas semanas para un total de 275, e ten 121 a sete días, unha caída de sete.

Salir de la versión móvil