A recuperación económica é unha realidade tras unha época difícil derivada da pandemia do coronavirus. O Fondo Monetario Internacional confirma que o Goberno de España realizou unha boa xestión ao longo destes meses, sen embargo sinala a débeda e o déficit como unha ameaza para consolidar a recuperación. Segundo se recolle no informe, para que España reduza o seu déficit por baixo do 4% antes do 2027 sería necesario subir os impostos. A xente na rúa non vería con bos ollos este incremento, xa que afectaría ao seu poder adquisitivo.
O FONDO MONETARIO INTERNACIONAL SUXERIU A ESPAÑA SUBIR OS IMPOSTOS PARA REDUCIR O DÉFICIT A PARTIR DO ANO QUE VÉN.

