A ameixa cotiza á baixa en Ribeira

A recén estreada campaña da ameixa en Ribeira non está a dar os froitos agardados, a cofradía ribeirense abría o luns as concesións na zona dos Miñoteiros , Coroso e Lajareu onde traballan medio cento de mariscadores, os topes son difíciles de coller e os prezos non son os agardados. Os mariscores apenas chegan a extraer 8 kilos de bivalvo, cando os topes están en 15 kilos de ameixa rubia e 25 de reló.

A campaña pechara fai apenas dous meses con prezos que se mantiñan entre os 8 e os 10 euros, sen embargo, agora os prezos non chegan ós 7 euros. Un dos motivos é a apertura de varias zonas de marisqueo en Galicia, xa que a toxina que as mantiña pechadas foi desaparecendo.

A campaña continuará nestas zonas ata dentro dun mes, que se irán abrindo novas concesións en ameixida e Castiñeiras.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.