A Real e Ilustre Cofradía da Dorna celebrou o pasado día 28 unha nova asemblea de peñas da LXVIII Sinjladura Dorneira.

Na mesma, o presidente desta asociación expuso aos asistentes o modelo de finanzamento da festa. O Concello de Ribeira, co apoio de tódalas corporacións municipais, aporta unha parte sustancial mais ten que ser o sector da hostalería quen complete o restante. É precisamente neste último aspecto no cal se atopan traballando, xa que hai establecementos ubicados no corazón da celebración reacios a colaborar. Razón pola cal a programación dos lugares podería estar condicionada segundo a cantidade de diñeiro obtida. Por iso, procedeuse a marcar o día 5 de xuño como data límite para poder continuar facendo contribucións. Todos aqueles bares que o fagan dispoñerán dun vinilo composto por unha dorna xeiteira.

Tamén se activou o formulario para que se inscriban as peñas na vindeira singladura. Ademais de poder anotarse para participar nas actividades habituais, poderán solicitar un espazo no Asteleiro de peñas. Esta novidade levarase a cabo na antiga carpa do mercado municipal de Ribeira. Instalación cedida polo concello á Cofradía durante todo o mes de xullo. Deste xeito, as peñas contarán cun lugar específico onde poder elaborar os aparellos cos que participen nas actividades facilitando talleres de carpintería, soldadura ou composición musical para a canción de tasca.

Asimesmo, presentouse o viveiro da festa onde rapaces de entre 7 e 12 anos poderán aprender a realizar actividades dorneiras. Este levarase a cabo durante o mes de xullo aproveitando a instalación da carpa.

https://www.youtube.com/watch?v=kw3loMAc5Sg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.