Rianxo

Rianxo acolle charlas informativas sobre o TTIP

Este venres as 20:00 horas no Auditorio de Rianxo levaranse a cabo unhas charlas informativas organizadas polo grupo Rianxo en Común sobre o Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos (TTIP) nas que interviran os economistas Gonzalo Rodríguez e Eloi Sobradelo. Non queremos que sexa unha clase maxistral sobre economía senón unha actividade informativa e de divulgación das consecuencias que o tratado supón, e aberto a calquera tipo de intervención. P acto encadrámolo dentro dunha serie de iniciativas como a moción presentada por Rianxo en Común pola cal hoxe somos un concello contrario ao TTIP, ou o acto programado para este xoves as 16:30, no que, de maneira conxunta co grupo do goberno, colgaremos fronte ao concello unha faixa amosando a nosa desconformidade co tratado.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.