A evolución da sexta onda segue deixando unha caída dos positivos no Barbanza, aínda que Porto do Son conta cun lixeiro repunte. Ribeira rexistra 23 casos menos a dúas semanas, que descenden ata os 782, e ten 39 menos a sete días para un total de 263. Boiro contabiliza unha caída de nove contaxios a catorce días e rexistra 400, mentres que a unha semana descenden en 19 ata os 154. En Noia baixa o ritmo de baixada e hoxe ten 308 casos a dúas semanas, un menos que onte, e 127 a sete días, oito menos.
OS CONTAXIOS DE CORONAVIRUS CONTINÚAN O SEU DESCENSO NA COMARCA, AGÁS EN PORTO DO SON ONDE SE REXISTRA UN LIXEIRO AUMENTO.

