Os titulares dos negocios de ocio nocturno que pecharon os seus establecementos en fin de ano poderán recibir axudas extraordinarias que oscilan entre os 2.500 e os 45.000 euros en función da dimensión do local. O DOG publica hoxe a convocatoria do programa de apoio, dotado de 3,5 millóns de euros que poden implicar unha gran axuda a un sector moi castigado pola pandemia.
O LECER NOCTURNO PODERÁ OPTAR A AXUDAS DE ENTRE 2.500 E 45.000 EUROS POLOS PECHES DE FIN DE ANO.

