A décima edición da Carreira Campo a Través do Corgo terá lugar este domingo ás 10:30 da mañá en Corrubedo.

Esta proba deportiva consolídase no ámbito das carreiras populares chegando á década de vida e con moi boas expectativas de participación. O percorrido deste ano será de 14’3 kilómetros e, nel, os participantes atoparanse con diversas dificultades. E, respetando o espíritu das pasadas edicións, destaca a incorporación de novos galardóns.

As persoas que residan en Ribeira poderán optar ao trofeo ao corredor e corredora local, mentres que na categoría por parellas se elimina a restricción de que deben facer todo o traxecto xuntos e cunha distancia inferior aos 5 metros. Por outra banda e co fin de entregar o trofeo ao mellor equipo, procederase a facer a suma dos tempos dos tres primeiros participantes de ese equipo en chegar á meta. A suma dos tempos que resulte ser inferior ao resto, proclamarase vencedor. Ademais, ubicaranse dous avituallamentos intermedios de líquido nos kilómetros 5 e 10 e outro de líquido e sólido na meta co obxectivo de reforzar a asistencia ao corredor.

Aqueles que acaden o podio recibirán obsequios proporcionados pola tenda Revolutrion. A inscripción está aberta ata o vindeiro día 8 de xuño por medio da web www.arousa.com ou en persoa no local situado na rúa Lustres Rivas en Ribeira. Desde a organización confían en que o número de inscritos aumente e agradecen a colaboración da Asociación de Veciños de Carreira, Senda XXI, Concello de Ribeira e Asociación De Voluntarios de Protección Civil.

https://www.youtube.com/watch?v=7QVv9ctf0tU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.