A cofraría de Aguiño planifica unha manifestación en Santiago para o venres 3 de xuño

O conflicto entre as cofrarías de Aguiño e Ribeira continúa sen resolverse semanas despois de comezar, esta tarde o topógrafo contratado pola cofraría de Aquiño explicaba ós socios da cofraria as medicións tomadas eo que consideran que é a sua zona de marisqueo.
Esta tarde representantes de ambas cofrarías mantiñan unha nova xuntanza co alcalde de Ribeira para tratar de achegar posturas, os de Aguiño afirman estar dispostos a ceder algo pero desconfían que na cofraría de Ribeira queiran ceder.

Na cofraría de Aguiño consideran inxusto o cambio desta zona da súa concesión a zona de libre marisqueo por discrepancia das medicións entre o topografo da xunta e o contratado pola propia cofraría. Ante isto manteñen a idea de manifestarse o venres en Santiago.

De non suavizarse as posturas o conflicto continuará enfrontando veciños.

https://www.youtube.com/watch?v=9a7UyGEdWr0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.