Sin categoría

“X Campus de Fútbol base: parque empresarial da Tomada” na Pobra do Caramiñal

Do 27 de xuño ó 8 de Xullo celébrase na Pobra do Caramiñal o “X Campus de Fútbol bas:prque empresarial da Tomada”. O campus leva dez anos celebrándose nesta localidade do Barbanza, pero acolle rapaces de todos os concellos.
Dirixido a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, o campus está dirixido por José Manuel Cardeñosa, que explicou que nesta edición se sigue a liña do pasado ano, dado o éxito acadado.
As inscripcións poden realizarse ata o 20 de Xuño, entregando a ficha cuberta e o recibo de pago da cuota de inscripción na casa de cultura Raquel Fernandez Soler, da Pobra.
Ademais de competicións futboleiras realizaranse talleres variados, como o taller arbitral e o de fisioterapia, moi valorados na anterior edición. Como novidade este ano realizaranse actividades variadas, como a iniciación ó remo e a padel. Non van faltar as visitas de recoñecidos profesionais do fútbol masculino e feminino.
Esta edición está a padriñada polo ribeirense, e xogador do Coruxo, Adrián Armental.
O campus celebrase de 10:00 a 14:00.hai un maximo de 60 prazas.

Salir de la versión móvil