jueves, septiembre 28, 2023

O Concello de Ribeira vai asumir durante dez anos a xestión do Museo do Gravado de Artes

O Concello de Ribeira vai asumir durante dez anos a xestión do Museo do Gravado de Artes, o concello eleva na próxima decada a aportación anual a 45,000 euros, 19,000 mais do que viña aportando actualmente, deste xeito sufráganse os gastos de mantemento da instalación e garantízase a permanencia en Ribeira do mportante legado que representa a colección de gravados en mans privadas máis importante do mundo con máis de 30.000 obras. Esta aprobación de carácter inicial foi realizada por unanimidade de todos os grupos da corporación municipal no pleno celebrado a pasada noite.
Nesta sesión realizouse por unanimidade a aprobación do expediente de licitación para a primiera planta do mercado municipal.
Decaeu unha moción presentada polo BNG para desenvolver accións necesarias tendentes a solucionar situaci´ñons de emerxencias haitacionais temporais de extrema necesidade, Cos votos en contra de PP e Cds . O alcalde destacou que dende servizos sociais se estána resolver estas situacions, o rexedor comprometeuse ademais a facer xestións cos bancos para por a disposición dos veciños que o precisen as vivendas que teñen desocupadas. Precisamente Ribeira vai adherirse o programa vivendas baleiras da xunta.
En canto a moción presentada polo BNG sobre a necesidade de crear un grupo de traballo para definir os usos museo municipal e na que se pedía a retirada da colección de bonecas para convertir este espazo nun lugar de usos varios, moción que decaeu, pero na que se aprobou unha enmenda do PP para que se cree un grupo de traballo que defina a política museística do concello. Será este grupo quen decida que facer coa colección de bonecas. A enmenda foi aprobada cos votos a favor de PP. Cds e IPR, e os votos en contra de BNG e PSOE. Aprobaronse tamen o regulamento do servizo municipal de mercados de abastos minoristas, o regulamento para prestacion de vehiculos en aluger e taxis, regulamento de verquidos, un convenio co club de natacion riveira, e regulamento de regalos e obsequios dos membros da corporacion.

https://www.youtube.com/watch?v=_f_47NpZJ7s

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.