Coa finalidade de favorece-la conciliación, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal achega novamente uns obradoiros de cara a época do Entroido. Dirixidos a crianzas de infantil e primaria, estes talleres desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras nos días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O obradoiro realizarase baixo as normas covid en grupos burbulla e cun monitor para cada 10 alumnos.
O CONCELLO DA POBRA ACHEGA OBRADOIROS DE CONCILIACIÓN PARA AS DATAS DE ENTROIDO. O SERVIZO TERÁ LUGAR NO CEP SALUSTIANO REY EIRAS

