A partir de mañá non será obrigatorio o uso da máscara en exteriores, agás cando non se poida manter a distancia de 1,5 metros entre persoas e nos eventos multitudinarios ao aire libre e estando de pé os asistentes. Este feito coincide cunha xornada na que os contaxios de coronavirus caen en todos os concellos da comarca. Ribeira conta con 51 positivos menos a dúas semanas para un total de 986, e a sete días baixan en 52 ata os 465. Boiro rexistra 473 casos a catorce días, catorce menos que onte, e 243 a unha semana, unha caída de catro.
En Noia hai 372 contaxios a dúas semanas, 26 menos que no día anterior, e 163 a sete días, 17 menos. Rianxo contabiliza 290 positivos a catorce días, catro menos que onte, e 150 a unha semana, dous menos. A Pobra ten 184 casos a dúas semanas, once menos que na xornada anterior, e 141 a sete días, doce menos. En Porto do Son hai 236 contaxios a catorce días, 17 menos, e 143 a unha semana, un descenso de cinco. Muros conta con 217 positivos a dúas semanas, dez menos que onte, e 96 a sete días, 15 menos.
Outes ten 185 casos a catorce días, 19 menos, e 90 a unha semana, unha caída de 11. Lousame rexistra 62 contaxios a dúas semanas, un menos que no día anterior, e non se move dos 31 a sete días.
Galicia suma nas últimas horas 3.200 novos positivos, sen embargo os casos activos descenden un día máis ata os 49.376, 2.000 menos que onte. As hospitalizacións tamén diminúen xa que hai sete persoas menos que onte ingresadas para un total de 694. En planta atópanse 646, dez menos que onte, mentres qe en coidados intensivos hai un lixeiro incremento de tres pacientes para un total de 48.

