Tecendo polo cambio en Lousame

O Concello de Lousame pon en marcha os obradoiros ‘Tecendo polo cambio’ nos que, ademais de aprender a calcetar, se reflexionará sobre temas como a cooperación ou a equidade de xénero. Trátase dunha das actividades de sensibilización fronte as desigualdades ofertadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio. As clases terán lugar no local social do Cruído, os luns de xuño de 16:00 a 18:00 horas, e a inscrición, que é totalmente gratuíta, pode formalizarse no departamento de Servizos Sociais ao longo deste mes de maio ou no 981 820 494. Tamén se facilitarán de balde os materiais necesarios para tecer.
Os días 6, 13 e 20 de xuño levaranse a cabo as aulas de calceta, para as que non se necesitan coñecementos previos, impartidas pola tamén monitora de lanoterapia Socorro Vázquez,

As e os participantes tecerán unha peza conxunta coa que o 27 de xuño se cubrirá algún elemento da rúa, nunha acción reivindicativa de “yarn bombing” ou “urban knitting”, unha técnica de arte urbana coa que apropiarse do espazo público, relacionando o individual co colectivo e rompendo a dicotomía público/privado. ‘Tecendo polo cambio’ encádrase no Plan de activades 2016 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.