A evolución dos contaxios nesta sexta onda deixa hoxe un incremento dos mesmos no Barbanza. Ribeira suma 19 novos positivos a dúas semanas e xa ten 1.037, e a sete días suma sete para un total de 517. Tras varias xornadas de descenso, Boiro rexistra un repunte. Hoxe ten 487 casos a catorce días, sete máis que onte, e 247 a unha semana, dez máis. Porto do Son contabiliza 253 contaxios a dúas semanas, sete máis que no día anterior, e 148 a sete días, nove máis.
OS CASOS DE CORONAVIRUS REXISTRAN HOXE UNHA SUBIDA NA COMARCA XA QUE SO CAEN EN OUTES E MUROS.

