O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu hoxe á presentación dos resultados do informe sobre a inserción laboral do alumnado de Formación Profesional que rematou os seus estudos no curso 2017/2018. Nese escenario Feijóo recordou que nos últimos 10 anos a comunidade fixo unha aposta estratéxica por esta ensinanza que hoxe amosa unhas grandes cifras de empregabilidade que poñen de manifesto o seu prestixio.
FEIJÓO ENXALZA A REVOLUCIÓN SILENCIOSA DA FO GALEGA QUE FIXO POSIBLE EN 2021 QUE CATRO DE CADA CINCO TITULADOS ATOPARAN TRABALLO E SE ALCANZARA A PLENA EMPREGABILIDADE NA MODALIDADE DUAL

