A creación dun velatorio na Pobra pon os veciños en pe de guerra. A instalación que se prevé ubicar na rúa Venecia non convence ós veciños desta zona que emprenderon unha campaña de recollida de sinaturas para que non chegue a abrirse.
Os veciños da rúa Venecia e aledañas non están dacordo coa ubicación do velatorio por diferentes motivos, entre eles, a cercanía á residencia da terceira idade e o centro de día, como así o confirma tamén un usuario da residencia.
O alcalde apunta que na recollida de sinaturas se fala de tanatorio e crematorio, pero este non vai ser o uso da instalación, senon o de dar vela o defunto as 24 horas correspondentes.
Segundo apuntou o alcalde, no pxom so se contempla a ubicacion de un tanatorio, pero habria que comprobar se se prohibe a de velatorio. De momento estan a espera de varios informes para tomar unha decision sobre a concesion da licenza.
O recibiu os veciños no salón de plenos, a onde tamén acudiron responsables do futuro velatorio para explicarlles en que van consistir as funcions do establecemento. Ambas partes están agora a espera dos informes de sanidade para dar valorar a situación.
Veciños en pe de guerra na pobra contra a ubicación dun velatorio
Please login to join discussion