Sin categoría

O “Encontro de Saberes e Sabores” reunirá o 12 de xuño en Toxosoutos (Lousame) unha mostra de artesanía e alimentos, con demostracións en vivo

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a directora da Asociación Máisdetres, Carmen Freire, presentaro esta mañá o “Encontro de saberes e sabores” de Lousame, que se celebrará na contorna do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos o domingo 12 de xuño, de 11:00 a 20:00 horas. Unha iniciativa organizada conxuntamente polo Concello de Lousame, a Asociación Máisdetres e a UNED Coruña, que inclúe múltiples actividades: unha ruta de sendeirismo, unha mostra de alimentos e artesanía, demostracións ao vivo de antigos oficios, charlas formativas e actuaciones de música tradicional.

Un punto que corrobora Carmen Freire, quen destacou o evento como un encontro de sabores e saberes de persoas desta comarca.

Teresa Villaverde convida a toda a veciñanza a chegarse a este encontro.

Entre as actividades previstas para o domingo 12 de xuño figuran un roteiro de sendeirismo por San Xusto. Un roteiro “de 6,4 quilómetros, circular e pola contorna privilexiada de Toxosoutos. É moi sinxelo, polo que o pode facer todo o mundo, dende nenos ata avós”, explica o técnico de Deportes do Concello de Lousame, Germán Romero. A participación é totalmente de balde, se ben por razóns de organización é preciso anotarse no 981 825 780).A expedición sairá ás 10:00 horas do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos.

Salir de la versión móvil