A evolución da sexta onda deixa cifras menores de contaxios na comarca. Boiro conta con 516 positivos a dúas semanas, 23 menos que onte, e 230 a sete días, dez menos. Noia rexistra 454 casos a catorce días, tres menos que na xornada anterior, e 209 a unha semana, unha caída de nove. Rianxo tamén ve descender os contaxios. Hoxe ten 277 a dúas semanas, 11 menos que onte, e 140 a sete días, dous menos.
OS CONTAXIOS DESCENDEN DE FORMA XENERALIZADA NA COMARCA AGÁS EN RIBEIRA E A POBRA ONDE CONTAN CUNHA SUBIDA.

