A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de mellorar as condicións de traballo da frota de baixura que traballa no peirao coruñés da Pobra do Caramiñal. Para iso, o ente público que preside José Juan Durán, executou nos pasados días unha actuación de reforzo e reparación do pantalán de descarga no que operan preto de medio centenar de embarcacións de marisqueo a frote e pesca.
En concreto, Portos investiu 8.000 euros na substitución das cadeas que amarran o pantalán á terra e aos mortos fondeados, reforzando a súa estabilidade. Así mesmo, repuxéronse boa parte das táboas que conforman a superficie do pantalán e que foran danadas por efectos das malas condicións marítimas e meteorolóxicas.
Con esta actuación, Portos de Galicia pretende dar resposta ás necesidades do sector profesional da Pobra do Caramiñal e facilitar as súas condicións de traballo. Non en van, nesta instalación operan máis de 40 barcos, na súa maioría con actividade de marisqueo a frote así como de pesca de baixura.
https://www.youtube.com/watch?v=0WFQOnkcK1M