O Castro de Baroña é un dos símbolos arqueolóxicos da zona polo seu gran valor. Debido a isto a Xunta segue a apostar pola súa conservación, desta vez cunha partida de case 15.000 euros que financiarán varias actuacións. O arqueólogo que encabeza o proxecto, Tito Concheiro, sinala que con estes traballos darase solución a unhas eivas que ten o xacemento.
A XUNTA INVESTIRÁ PRETO DE 15.000 EUROS NA RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO CASTRO DE BAROÑA

