Sin categoría

Multitudinaria procesión para celebrar o Corpus en Ribeira

A celebración do Corpus foi multitudinaria en Ribeira. Máis dun cento de persoas participaron o domingo na procesión do Corpus que percorreu a rúa do monumento ata a igrexa de Santa Uxía.
Como cada ano as alfombras florais chamaron a atención dos fieis, adornando as rúas con pétalos de flores de diferentes cores definían debuxos confeccionados para a ocasión. O grupo da Adoración Nocturna foi o encargado de realizar estes adornos florais que a chuvia respetou este ano. A coral polifónica de Ribeira encargouse de acompañar a celebración.

Salir de la versión móvil