As vítimas de agresión sexual contarán con catro centros de referencia, un por provincia, onde poderán recibir atención as 24 horas do día. A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, adiantou hoxe no pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que a Xunta está a elaborar un estudo diagnóstico cara á implantación e localización destes puntos -uno por provincia- que situarán a Galicia na cabeza da loita contra a violencia sexual.
A XUNTA CREARÁ EN CADA PROVINCIA UN CENTRO 24 HORAS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE AGRESIÓN SEXUAL, SITUANDO A GALICIA NA CABEZA DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL

