A Liga de Cruceiros da Ría de Arousa terá a súa próxima mangao sábado 29 baixo a organización do CN Vilagarcia, con saída prevista para as 13:30, onde as embarcacións rexistradas realizarán un percorrido costeiro polo interior da Ría de Arousa. O cartel de favoritos preséntase moi amplo e variado, e calquera embarcación en liza pode levar as honras nunha liga que consiste en 6 probas con 1 descarte por embarcación, circunstancia que abre aínda mais o abanico.