Deportes

240 CORREDORES DARANSE CITA ESTE DOMINGO NA “3 HORAS BTT SON STOP” DE BOIRO

O Concello de Boiro colabora co club RS Bike Boiro CC para a celebración da proba “Boiro 3 horas BTT non stop” que terá lugar o domingo día 30 en horario de 10.00 a 13.00 horas. A proba, que tamén conta coa Federación Galega de Ciclismo, pertence á Copa Galicia de Resistencia.
As inscricións están xa cerradas e van participar na proba un total de 240 corredores nas diferentes categorías. A saída e meta serán na contorna do Parque Empresarial de Espiñeira e a proba discorrerá polas zonas de Sandrenzo, Treites e Belles.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.