Esta mañá a autovía da Barbanza rexistraba un novo accidente de tráfico. Ó parecer un varón con iniciais JJRG perdía o control do vehículo ó quedarse dormido, e o coche, un seat córdoba chocaba coa mediana quedando atravesado na vía. O accidente tiña lugar sobre as 10 da mañá en sentido Ribeira Santiago, a altura da gasolinera da Pobra. O conductor saiu ileso do accidente polo seu propio pe, e foi recollido por uns familiares . Unha Grua retirou o vehiculo da calzada mentres os bombeiros e protección civil limparon a vía do aceite vertido polo vehículo sinistrado.
Ata o lugar do accidente desprazouse a Garda civil de trafico que realizou o atestado.
https://www.youtube.com/watch?v=wcKt_EWv0rM