O Goberno local de Muros reafirma a súa aposta pola rúa Real coa súa humanización. O firme da rúa, localizada no casco histórico, atopábase en mal estado, polo que o concello decidiu actuar para frear o seu deterioro e mellorar a calidade de vida dos veciños.
