A recollida de marisco ilegal é unha práctica que se segue a dar nos areais. Onte pola tarde, en Cabo de Cruz, un gardapesca que realizaba o seu labor de control cando os mariscadores chegaban de recoller o marisco decatouse de que algo raro estaba a pasar cun dos traballadores. Ao abandonar a praia na que estaban traballando notou que se ía coxeando. O vixilante preguntoulle o motivo da súa coxeira e o mariscador afirmou que lle apertaba a bota. O gardapesca tocoulle coa man na bota e notou que levaba marisco no interior da bota e ao reclamarllo, negouse a entregalo.