Un solitario gol de Paulo na segunda metade, privou ao cadro de Iván Carril de gañar un encontro vital para os seus intereses. O Sofán, que chegaba colista a San Lázaro volveu a gañar máis de dous meses despois, e aperta a parte baixa da táboa.
Notouse desde o pitido inicial que era un partido clave para ambos conxuntos. Respeto e moito medo a cometer un erro que os obrigase a ir a remolque o resto do encontro. Os noieses tentaron facer dano a través de balóns ás espaldas, adaptando o seu habitual xogo de posesión ás circunstancias do encontro. A través dese fútbol chegaron as primeiras ocasións, gañando o segundo balón en disputas e probando ao gardarredes visitante desde for a do área.
Chegado o ecuador dos primeiros 45 minutos, o Sofán asentouse sobre o verde e comezoua ter máis o dominio do esférico, pero sen chegar a crear ocasións claras. Mentres, o Noia agardaba repregado, cómodo e saíndo con rápidas transicións defensa ataque, que recordaron ao encontro da pasada xornada en Abegondo.
A piques estivo de adiantarse o Sofán despois dun erro na saída de balón dos de Iván Carril, pero Diego Rodríguez perdoou no man a man ante Dani Varela.
Na segunda metade, o Noia puido adiantarse cunha acción a pelota parada. O lanzamento de Hugo marchouse lixeiramente desviado.
E cando menos estaba acontecendo e parecía que ambos conxuntos firmaban o empate, apareceu Paulo, para cunha xenialidade driblar cun túnel a Diogo e chutou ao pau curto, sorprendendo a Dani Varela e poñendo o que sería o definitivo 0-1 e que deixa tocados aos noieses.
Con esta derrota, o Noia sitúase na 15º praza con 16 puntos, a dous da permanencia.