Deputación Da Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de máis de 34 millóns de euros nos concellos coruñeses

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe importantes investimentos nos concellos da provincia por un importe global superior aos 34 millóns de euros, cos que se financiarán preto de 300 obras na provincia.
Estes investimentos realizaranse a través da terceira fase do Plan de Acción Social, que inclúe achegas por importe de 16,5 millóns cos que se financiarán un total de 205 obras en 50 concellos.e do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016, cun orzamento de 15,1 millóns, que serán empregados por 61 municipios coruñeses para reducir a súa débeda e financiar un total de 82 obras.
No apartado de Vía e Obras, aprobáronse tamén investimentos de mellora de estradas e construción de sendas peonís por importe de máis de 1,8 millóns de euros en 8 concellos coruñeses.
Estes investimentos, articulados a través dos diferentes plans da Deputación, contribuirán non só a dotar de mellores infraestructuras aos concellos provincia, especialmente aquelas vinculadas coa área social que se inclúen no PAS, senón que contribuirán a impulsar a actividade económica e á creación de emprego, segundo subliña o goberno provincial.

https://www.youtube.com/watch?v=zvr8qwHyAUw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.