Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PUNTO LIMPO SITUADO NO POLÍGONO DA TOMADA REXISTROU, NO 2020, 139 TONELADAS DE RESIDUOS, 21 MÁIS QUE O PASADO CURSO

O punto limpo situado no polígono da Tomada rexistrou no pasado exercicio 139 toneladas de residuos, mestres que no 2020 foron 118 toneladas. Segundo informa a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, a madeira supón a maior parte do peso, seguida dos entullos, chatarra, televisións e monitores, aparellos eléctricos, utensilios de frío e voluminosos. Así mesmo, o Concello implantou un sistema de reciclaxe complementario aos existentes: un punto limpo móbil. Trátase dun colector de residuos de pequeno formato, previsto para o seu traslado pola vía pública.

Salir de la versión móvil