O Concello de Boiro celebrou este xoves 20 de xaneiro o Pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. A sesión contou cun total de 14 membros da corporación ao contar coas ausencias de Beatriz Deus (PP – renuncia), María Outeiral (PSOE) e Carlos Muñiz (non adscrito). A sesión serviu para aprobar a proposta da alcaldía de modificación das bases de execución do orzamento, ao incluirse unha subvención por parte da deputación da Coruña co fin de mellorar os corpos de portección civil.