Ribeira

A SUBDELEGADA DO GOBERNO EN GALICIA DESTACA A COLABORACIÓN ENTRE A POLICÍA NACIONAL E A POLICÍA LOCAL DE RIBEIRA PARA GARANTIR UN MUNICIPIO SEGURO

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, subliñou hoxe a excelente colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local de Ribeira para garantir que é un municipio seguro. De feito, mantén a súa taxa de criminalidade por baixo da media de España, que á súa vez é un dos estados máis seguros de Europa.
Doutra banda Detallou que o obxectivo principal é “a satisfacción nos servizos prestados ás cidadás e cidadáns”, para o que ademais de contar con novas instalacións como o caso de Ribeira, o Goberno impulsa a convocatoria de máis prazas nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, cunhas 7.300 durante o últimos tres anos na Policía Nacional.
A subdelegada afirmou que Ribeira é unha localidade segura que está nun dos estados máis seguros de Europa. En toda Galicia, como tamén en Ribeira, as taxas e os indicadores sobre delincuencia están moi por baixo da media estatal

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.