A XUNTA impulsa a creación de seis novos viveiros industriais e mellora as infraestruturas de 46 PARQUES EMPRESARIAIS GALEGOS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 5 millóns de euros para os concellos galegos cos cales se desenvolverán melloras en 46 parques empresariais e se crearán seis novos viveiros industriais en polígonos de Cerceda, Vilanova de Arousa, Cambados, Boiro, Outeiro de Rei e Friol, contribuíndo así á atracción de investimentos cara aos municipios ao tempo que se fomenta o emprendemento no sector industrial galego.

Por unha banda, mediante a convocatoria de axudas para a habilitación e mellora de infraestruturas, concédense apoios por preto de 4 millóns de euros cos que se impulsarán 58 proxectos en 46 parques empresariais galegos. Mellórase así o servizo que se presta ás compañías xa instaladas ao tempo que se impulsa a chegada de novas iniciativas con capacidade para xerar riqueza e emprego.

Preto do 47% dos proxectos apoiados mediante esta liña se centra nas vías de acceso. Ademais, con esta convocatoria, que prevé axudas do 80% do custo subvencionable e que se incrementan ata un 95% no caso de agrupacións ou fusións de concellos, tamén se desenvolverán actuacións orientadas á dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos e instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia.

https://www.youtube.com/watch?v=lHsCqfcQGbc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.