O mercado municipal da Pobra súmase a campaña internacional “Quere o teu mercado” cunha actividade que se vai realizar o 28 de maio na praza de abastos.
A campaña “Quere o teu mercado”é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados nas cidades e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.
Durante a segunda quincena do mes de maio organizaranse actividades en máis de 50 mercados de Galicia distribuidos por todo o territorio, co obxectivo de visualizar, promocionar e activar os mesmos, incentivando a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio. Así, o sábado, varios cociñeiros da Pobra ofrecerán degustacións no mercado municipal e os vendedores do mercado da Pobra van repartir agasallos entre os clientes,
A xornada estara amenizada polo grupo de gaitas Malvasía.
Quere o teu mercado(Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional polaWorld Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.
https://www.youtube.com/watch?v=WdSt5kfaRsQ