O BNG de Ribeira presenta unha moción para o seu debate no proximo pleno relativa a un desaugadoiro de pluviais que deesmboca na Praia de Insuela en Palmeira. Segundo apuntan dende as filas nacionalistas dan conta da situación que se produce no banco marisqueiro ubicado nesta zona do areal cando chove en abundancia, dado que o exceso de auga doce e os corrementos de area matan o bivalvo.
Os nacionalistas piden o apoio da Corporación Municipal para que por parte do Concello se estuden as posibilidades oportunas para levar a cabo as obras necesarias que solucionen o problema.