Deportes

O CLUB BALONCESTO NOIA VENCEU POR UN PUNTO AO BASKET DE GAIA

O Berberecho Noia sumou unha vitoria clave nos últimos segundos do encontro fronte ao Basket de Gaia (61-60). Unha boa defensa na última xogada do partido permitiu aos de Jesu Souto gañar e distanciarse dos últimos postos da clasificación.
Comezaron o partido os locais dominando na pintura e anotando con facilidade, logrando vantaxes de máis de dez puntos.Pero a partir do segundo cuarto a dinámica do partido cambiou a favor dos visitantes. Mudaron a súa defensa e foron quenes de frear a ofensiva dos noieses, chegando ao descanso 29 a 22.
Tralo obrigado descanso, os berberechos melloraron o seu ataque, pero en defensa non foron quen de frear o acerto do Gaia que seguían reducindo a desvantaxe no marcador. No último cuarto do partido chegaría a remontada para os portugueses e a maiores conseguirían seis puntos de vantaxe, pero a reacción dos locais chegaría con dúas triplas e un par de boas defensas, poñéndose a un punto con 34 segundos para o final. Unha gran defensa permitiu aos locais ter unha posesión para adiantarse e non fallaron, quedaban 2 segundos e posesión para os visitantes que non puideron facer un tiro cómodo. Finalmente vitoria foi para os noieses, que collen aire na súa loita pola permanencia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.