A reordenación provisional do porto de Palmeira, realizada por Portos de Galicia, non foi ben recibida polos veciños da parroquia. O Concello de Ribeira e o ente dependente da Consellería do Mar acordaron buscar unha solución alternativa. Hoxe as dúas partes reuníronse para abordar o tema, chegando a unha solución: elaborar unha nova proposta.