O xurelo é un dos recursos chave do cerco galego xa que nos últimos anos está sendo a especie máis pescada por este segmento da frota. Debido aos grandes niveis de captura, os cerqueiros veñen observando unha diminución da mesma no mar. Por iso, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, Acerga, reclama dende hai anos un maior control das capturas, petición que foi escoitada dende Bruxelas.
OS CERQUEIROS NON PODERÁN DESCARGAR EN GALICIA MÁIS DE 750 QUILOS DE XURELO POR TRIPULANTE.

