Deportes

A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA DE CRUCEIROS RÍA DE AROUSA 2022 APRAZOUSE POLA FALTA DE VENTO

Ás 13:30, hora prevista para a saída, o comité de regatas anunciaba un aprazamento indefinido ata que se desen as condicións para dar a saída á vintena de embarcacións rexistradas para esta primeira manga da liga de Cruceiros Ría de Arousa 2022.
A esa hora unha pequena brisa, duns 4 nós do nordeste, daba esperanza aos regatistas para a realización da proba, pero esa presión foi a menos e o esperado vento do Sur que anunciaban os partes meteorolóxicos nunca chegou. Unha circunstancia que levou ao Comité para anunciar que non se celebraría a proba prevista para o día.
A próxima manga será o sábado 29 baixo a organización do CN Vilagarcia, con saída prevista para as 13:30, onde as embarcacións rexistradas realizarán un percorrido costeiro polo interior da Ría de Arousa. O cartel de favoritos preséntase moi amplo e variado, e calquera embarcación en liza pode levar as honras nunha liga que consiste en 6 probas con 1 descarte por embarcación, circunstancia que abre aínda mais o abanico.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.